1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Marín.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.
c) Número de expediente: 48/2002.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: explotación das instalacións de tempada das praias de Marín.
b) Lugar de execución: praias do Concello de Marín.
c) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 30-9-2002.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Canon mínimo de explotación.
M2 quiosco: 30 euros.
Hidropedais e piraguas: 84 euros unidade.
Tumbonas: 18 euros unidade.
Embarcación de motor: 360 euros.
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Marín.
b) Enderezo: avda. de Ourense, s/n.
c) Localidade e código postal: Marín (Pontevedra) 36900.
d) Teléfono: 986 88 03 00 ou 986 88 03 04.
e) Telefax: 986 88 20 13.
f) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
Solvencia económica e financeira e profesional segundo o disposto na cláusula 13 do prego.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación (DOG ou BOP).
b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 13 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: punto 6 deste anuncio.
9. Apertura das ofertas.
Entidade, enderezo e localidade: punto 6 deste anuncio.
Data e hora: ás 13 horas do 3º día hábil contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, agás que coincida en sábado, caso no que o acto se celebrará o seguinte día hábil á mesma hora.
Marín, 30 de abril de 2002.
Antonio Santiago Fernández
Alcalde