Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 15 de maio de 2002 Páx. 7.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2002 pola que se modifican varias resolucións de contratacións publicadas no Diario Oficial de Galicia número 81, do 26 de abril, para a adaptación dos seus pregos de cláusulas administrativas particulares ó Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, con entrada en vigor o 26 de abril de 2002, abríndose novo prazo de licitación e deixando sen efecto os anteriores.

As resolucións que se modifican son as seguintes:

Resolución do 19 de abril de 2002 pola que se anuncia a contratación, por concurso público e sistema aberto, da subministración e instalación de conmutadores ATM para a AGI.

Resolución do 19 de abril de 2002 pola que se anuncia a contratación, por concurso público e sistema aberto, da subministración e instalación do equipamento de emulación de circuítos a 34 Mb sobre ATM para a AGI.

Resolución do 15 de abril de 2002 pola que se anuncia a contratación, por concurso público e sistema aberto, da asistencia técnica para a organización de cursos de formación sobre creación de contidos multimedia que se impartirán no Centro Multimedia de Galicia.

Poderá obterse información sobre a documentación e os pregos no seguinte enderezo:

a) Entidade: Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 3, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 58 83/981 54 58 74.

e) Telefax: 981 54 12 77.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los novos pregos relativos á contratación respectiva no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2002.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura

Comunicación Social e Turismo