Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 15 de maio de 2002 Páx. 7.134

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros da Resolución do 7 de febreiro de 2002, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso nas distintas categorías do grupo I do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Advertidos erros materiais na Resolución do 7 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso nas distintas categorías do grupo I do persoal laboral da Xunta de Galicia, esta dirección xeral en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:

-Incluír nas relacións definitivas de aspirantes admitidos ó proceso selectivo do grupo I-categoría 006 (titulado superior psicólogo) pola quenda de promoción interna a Pilar López Toimil con DNI nº 30.618.885 C.

-Incluír nas relacións definitivas de aspirantes admitidos ó proceso selectivo do grupo I-categoría 006 (titulado superior psicólogo) pola quenda de acceso libre a Enma Dieguez Teijeiro con DNI nº 33.336.767 S.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública