Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 15 de maio de 2002 Páx. 7.131

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, regulados no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 002 (ATS e outras) do grupo II, publicadas por Resolución do 15 de marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 59, do 25 de marzo).

Advertidos erros materiais nas listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo

Advertidos erros materiais nas listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo

reservados a persoal laboral reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 002 (ATS e outras), e rectificados pola comisión permanente de selección para postos de persoal laboral na sesión do día 9 de abril de 2002, en aplicación do establecido no artigo 105 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta dirección xeral

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:

Incluír na lisa correspondente á categoría 002 (ATS e outras) do grupo II, a María Dolores Alonso Magdalena con DNI 36142229 no ámbito xeográfico

D3600 co número de orde 66 cunha puntuación de 0.75 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública