Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2002, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da subministración sucesiva de gasas e compresas.

A Dirección de Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio),

convoca expediente de contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto:

* C.P.6/2002, subministración sucesiva de gasas e compresas, dividido en 4 lotes:

Lote 1-compresa cirúrxica c/contraste Rx.

Lote 2-compresa cirúrxica s/contraste Rx.

Lote 3-gasa pregada s/control Rx.

Lote 4-gasa pregada c/control Rx.

Orzamento: 56.810 A (cincuenta e seis mil oitocentos dez euros).

Lote 1: 10.150 A/ano (dez mil cento cincuenta euros/ano).

Lote 2: 22.000 A/ano (vintedous mil euros/ano).

Lote 3: 23.400 A/ano (vintetrés mil catrocentos euros/ano).

Lote 4: 1.260 A/ano (mil douscentos sesenta euros/ano).

Prazo de execución: desde o asinamento do contrato ata o 31-12-2002 con posiblidade de prórroga por anos naturais.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa, teléfono 982 58 99 56 e fax 982 58 99 86, durante o prazo de admisión de proposicións.

Admisión de variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto do contrato e o orzamento máximo autorizado, incorporen para a prestación de subministracións solucións alternativas ás definidas nas prescricións técnicas.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego.

Solvencia técnica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego.

Criterios de adxudicación:

Características técnicas: ata 45 puntos.

Prezo: ata 35 puntos.

Prontitude na subministración: ata 10 puntos.

Dispoñibilidade de EAN e EDI: ata 10 puntos.

Fianzas:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: o 4% de adxudicación de cada lote.

Clasificación: non se esixe.

Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envía por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Hospital da Costa a remisión

da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hospital da Costa de Burela