Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 7.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/430-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Pousada.

Situación: concello de Vilaboa.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 279 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio n. 92 da L.M.T. Vilaboa-Cobres, ata o C.T. que se proxecta en Pousada, no concello de Vilaboa, de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 1.116 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o primeiro apoio de B.T. do C.T. proxectado. R.B.T., subterránea, de 3 m de lonxitude, con conductor tipo R.V. desde o C.T. Pousada.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente o seu dereito.

Pontevedra, 1 de abril de 2002.

P.D. (Resolución 22-3-2002)

Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra