Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 14 de maio de 2002 Páx. 6.997

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial e calendario laboral para o ano 2002 do convenio colectivo da empresa Rocas, Arcillas y Minerales, S.A. (RAMSA).

Visto o expediente da revisión salarial e calendario laboral para o ano 2002 do convenio colectivo da empresa Rocas, Arcillas y Minerales, S.A. (RAMSA), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-4-2002, subscrito en representación da parte económica polos representantes da empresa, e da parte social polos delegados de persoal o día 28-2-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscripción no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de abril de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Asistentes:

-Pola empresa:

Almuiña Díaz, Roberto.

Ramos Sánchez, José Ramón.

-Polo comité de empresa:

Seijas Formoso, José.

De la Torre López, Manuel.

Castro Mera, Florentino.

En Mina Serrabal, ás 16 horas do día 28-2-2002 reúnense os señores relacionados á marxe.

Como único punto da orde do día e de acordo co artigo 30 do vixente convenio da empresa, procédese á actualización das táboas salariais e o calendario laboral para o ano 2002, os cales se anexan.

Finalmente, acórdase dar traslado da documentación aprobada á autoridade laboral, para o seu depósito e rexistro, co obxecto de que se ordene a súa publicación no BOP da Coruña.

Lida a presente acta e encontrada conforme, asínase pola totalidade dos asistentes.

Ás 17 horas do día da data, levántase a sesión.

ANEXO I

Táboa salarial. Ano 2002

Cantidades expresadas en euros.

(1 E=166,386 pesetas)

Categoría

Salario baseComplemento asistenciaComplemento

de posto de traballo

DiarioMensualDiarioMensualDiarioMensual

Titulado superior37,281.118,4011,18335,409,15274,50

Titulado medio28,22846,608,47254,107,00210,00

Encargado25,60768,007,68230,406,36190,80

Analista 1ª25,27758,107,58227,406,07182,10

Analista/auxiliar24,52735,607,36220,805,82174,60

* Administrativos

Xefe 1ª admón.25,90777,007,77233,106,12183,60

Xefe 2ª admón.25,27758,107,58227,406,07182,10

Oficial 1ª admón.24,52735,607,36220,805,82174,60

Oficial 2ª admón.24,22726,607,27218,105,73171,90

Auxiliar admtvo.21,68650,406,50195,005,20156,00

Garda xurado20,17605,106,05181,505,09152,70

* Operarios

Artilleiro barreno22,35670,506,70201,005,41162,30

Oficial 1ª22,69680,706,81204,305,49164,70

Oficial 2ª21,90657,006,57197,105,29158,70

Especialista18,87566,105,66169,804,68140,40

ANEXO II

Calendario laboral. Ano 2002

MesDías

a traballar

Festivos

Xaneiro221 (ano novo)

Febreiro1912 (martes de entroido)

Marzo1719 (día de San Xosé) e 18 (ponte), 28 e 29 (Semana Santa)

Abril22

Maio211 (festa do traballo) e 17 (día das letras galegas)

Xuño20

Xullo2125 (día de Galicia) e 26 (ponte)

Agosto2015 (día festivo) e 16 (ponte)

Setembro2016 (festivo local)

Outubro23

Novembro201 (festivo nacional)

Decembro164 (Sta. Bárbara), 6 e 25 (festivos nacionais),

10 (festivo local) e 24 e 31 (festivos por convenio)

Total241

* Os días 18 de marzo, 26 de xullo, 16 de setembro e 10 de decembro será necesario un servicio mínimo de mantemento e de funcionamento de planta.

* O personal que realice este servicio desfrutará destes 4 días noutras datas á súa elección.