Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2002 pola que se anuncia concurso para a contratación das obras de alargamento e mellora de trazado da E.P. Arcade-Amoedo (Pazos de Borbén).

Obxecto e tipo de licitación: a contratación da referida obra por importe de 1.056.875,65 A, IVE incluído.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: grupo A, subgrupo 2, categoría c; grupo E, subgrupo 1, categoría c e grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 10 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Tfno.: 986 80 41 01.

Pontevedra, 2 de maio de 2002.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado