Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por concurso aberto da subministración e instalación de material para o balizamento da praia de Samil en Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Medio Ambiente. Nº de expediente: 1060/406.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración e instalación de balizado na praia de Samil.

Unidades que se entregarán: véxanse condicións técnicas.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 78.131,5 euros.

5. Garantías: provisional: dispensada.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei s/n 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no DOG e BOP. Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día de remate do prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: documentación e actas de apertura de plicas na Internet: www.vigo.org.

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 30 de abril de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde