Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.961

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por concurso aberto de servicio de salvamento e socorrismo nas praias do concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Medio Ambiente. Nº de expediente: 1057/406.

2. Obxecto do contrato: descrición: servicios de salvamento e socorrismo nas praias de Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de entrega: tres meses e medio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 60.101,21 euros.

5. Garantías: provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei s/n 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no DOG e BOP. Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día de remate do prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: documentación e actas de apertura de plicas na Internet: www.vigo.org.

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 30 de abril de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde