Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para a cualificación dunha parcela municipal como equipamento dotacional, en Arnelas-Sanxenxo.

A Corporación Municipal deste concello, en sesión celebrada o día 29 de abril de 2002, acordou prestar aprobación inicial ó expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do municipio, para a cualificación de parcela municipal como equipamento dotacional, en Arnelas-Sanxenxo, segundo o proxecto redactado polo concello, que recibiu informe da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con data do 4 de marzo de 2002.

Exponse o expediente a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que as persoas que

se consideren prexudicadas ou afectadas poidan formula-las alegacións que consideren procedentes.

Sanxenxo, 2 de maio de 2002.

Telmo Martín González

Alcalde