Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.945

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/32-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a infor

mación pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Santián.

Situación: Maside.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 23 m de lonxitude, derivada desde a L.M.T. CN 0807 e remata no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA en Santián, con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión derivadas do C.T.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 1 de abril de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense