Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.945

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/30-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T., rúa do Muíño.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: liña a 20 kV subterránea, de 275 m de lonxitude, con orixe na liña subterránea do C.T. Manuel Murguía e remata na cela de liña do C.T. camiño Papón despois de alimenta-lo C.T. proxectado na planta baixa dun edificio na rúa do Muíño, con 400 kVA, r/t 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 1 de abril de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense