Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.942

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 3 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/110-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. r/ Martín Echegaray.

Situación: concello de Vigo.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, con conductor tipo R.H.V., de 195 m de lonxitude, desde o C.T. do POL. 7 na rúa Sanxenxo, ata o empalme coa L.M.T. BAL-7.12, á altura da avda. Castelao n. 65. L.M.T., subterránea, a 15 kV, con conductor tipo R.H.V., de 285 m de lonxitude, desde un punto da L.M.T. existente que provén do C.T. POL. 7, na avda. Castelao, á altura do cruzamento coa r/ Sanxenxo, ata empalmar coa liña BAL-7.24 á altura do cruzamento da avda. Castelao coa r/ O Grove. Concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 3 de abril de 2002.

P.D. (Resolución 22-3-2002)

Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra