Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.934

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

CÉDULA de notificación (4361/2001).

Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia, certifico que neste recurso contencioso-administrativo se dictou o seguinte:

Que no recurso contencioso-administrativo número 4361/2001, seguidos por instancia de Manuel Carballo Treviño, contra resolución da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 17 de xaneiro de 2001, pola que se desestima o recurso de alzada contra outra da Dirección Xeral de Recursos Mariños do 25-11-1999, pola que se acorda o cambio de situación de cinco bateas dedicadas ó cultivo do mexillón, se dictou providencia que di: «Dada conta; únase o anterior escrito ós autos da súa razón; e visto o seu contido emprácese por medio do Diario Oficial de Galicia a Esther Carballo Alcaine por termo de nove días compareza nos autos, se o estima conveniente ós seus intereses, perante esta sala comparecendo en forma mediante avogado e procurador con poder para o efecto, coa prevención de que se non comparece dentro do prazo recaerán sobre ela os prexuízos a que haxa lugar en dereito».

E para que conste e para a súa notificación a Esther Carballo Alcaine, con último domicilio coñecido en Urbanización El Rial, rúa Sobreira, nº 30 de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o nove de abril de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado