Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 13 de maio de 2002 Páx. 6.933

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2002 pola que se aproba a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico en normalización lingüística, convocadas por Resolución do 13 de febreiro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo).

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico en normalización lingüística, convocadas por Resolución do 13 de febreiro de 2002 (DOG do 21 de marzo), este rectorado, en aplicación do previsto na base 4.1 da convocatoria, resolve aproba-la lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos que figura a continuación e que figura exposta no taboleiro de anuncios do Rectorado (rúa Mestranza, s/n) e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

-Relación de admitidos:

Bestilleiro Bello, Xosé (DNI 32834348).

Castro López, María Josefa (DNI 34891232).

Ríos Noya, Marisol (DNI 32777444).

Román Portas, María Lourdes (DNI 35299246).

Salgado Basoa, María Isolina (DNI 32651369).

Toba Quintáns, Purificación (DNI 32750230).

-Relación de excluídos:

Álvarez Docampo, Xulio César (DNI 76709982; causa da exclusión: solicitude presentada fóra de prazo).

De acordo co previsto no segundo parágrafo da citada base, os aspirantes disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para emendar defectos.

A Coruña, 15 de abril de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña