Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 10 de maio de 2002 Páx. 6.868

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN SANTIAGO REY FERNÁNDEZ-LATORRE

BASES da convocatoria do XLIV Premio Fernández Latorre.

La Voz de Galicia, a través da súa Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, anuncia a convocatoria do XLIV Premio Fernández Latorre e invita a persoas e institucións a participar en calquera das súas modalidades.

Este premio réxese polas seguintes bases:

1. Premios.

Concederase o Premio Fernández Latorre de Prensa Escrita, dotado este ano con 6.010,12 euros, ó traballo xornalístico publicado en calquera medio de comunicación entre o 25 de xullo de 2001 e o 6 de maio de 2002.

Concederase o Premio Fernández Latorre de Radio, dotado con 6.010,12 euros, ó traballo emitido por calquera emisora española ou portuguesa entre o 25 de xullo de 2001 e o 6 de maio de 2002.

Concederase o Premio Fernández Latorre de Televisión e Medios Audiovisuais, dotado con 6.010,12 euros, ó traballo emitido por calquera canle, entre o 25 de xullo de 2001 e o 6 de maio de 2002, ou ó mellor proxecto multimedia en soporte audiovisual editado entre ámbalas dúas datas.

2. Veredicto e entrega.

O veredicto farase público en La Voz de Galicia o 25 de xullo, festividade do Apóstolo Santiago e Día de Galicia.

As decisións e o veredicto do xurado son inapelables.

Os premios entregaranse no transcurso dun acto que se celebrará no último semestre de 2002.

3. Xurado.

O xurado, que estará composto por membros da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, de La Voz de Galicia e outras persoas representativas no campo da comunicación e a cultura, terá, ademais das facultades normais de emitir e discerni-lo premio, as de interpretar estas bases.

4. Presentación de traballos.

Os traballos deberán enviarse por triplicado á Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre; avda. da Prensa, 84-85, polígono industrial de Sabón, 15142 Arteixo (A Coruña), ata o 30 de xuño de 2002, coa indicación «Premios Fernández Latorre». Os que se emitan por radio ou televisión deberán acreditarse cunha certificación do director da emisora ou centro de televisión e as tres cintas correspondentes.

Os traballos poderán ser presentados polo propio autor ou autores, polo xurado ou por calquera persoa ou entidade. Neste último caso, debe acreditarse o consentimento do candidato.

5. Condicións.

A presentación a estes premios supón a conformidade dos participantes coas bases e leva implícita a autorización á difusión de traballos premiados, sen finalidade lucrativa e por un período de tempo non superior a seis meses.

A Coruña, 6 de maio de 2002.

Santiago Rey Fernández-Latorre

Presidente da Fundación Santiago Rey

Fernández-Latorre