1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Sección de Contratación. b) Número de expediente: Sg2002/1.
2. Obxecto do contrato: contratación da póliza de seguros de riscos patrimoniais (continente e contido) dos bens mobles e inmobles que integran o patrimonio do Concello da Coruña.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento máximo de licitación: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: contratacion*aytocoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Clasificación: non esixible.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.
A Coruña, 2 de maio de 2002.
P.D.
Carlos González-Garcés Santiso
Tenente alcalde delegado de Contratación