Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.804

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN ROF CODINA

ANUNCIO para a adquisición, posta en marcha e mantemento dun equipo de tomografía por ordenador (novo ou seminovo) para a Fundación Rof Codina (FRC).

Por resolución da Dirección Xerencia da FRC, do 30-4-2002, anúnciase concurso público, a través de expediente ordinario. O prazo de recollida do prego de condicións e presentación das solicitudes rematará ós trinta días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio. A apertura das ofertas será ós tres días seguintes ó da finalización do prazo de presentación, nas oficinas da FRC. Para consulta-las bases, solicitar información e presenta-la documentación, os interesados deberán dirixirse á FRC; estrada da Granxa, s/n, 27002 Lugo. Teléfono: 982 28 59 28.

Lugo, 30 de abril de 2002.

Luis Felipe de la Cruz Palomino

Director xerente da Fundación Rof Codina