Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente 2/2002 (RPC)).

A alcaldía, con data 11 de abril de 2002, dictou a seguinte resolución:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de reparcelación voluntaria dun cuarteirón sito en Palavea presentado por Urbanizadora Herculina, S.L., formalizado en escritura do 2 de xaneiro do presente ano, que figura no protocolo do notario Ramón González Gómez.

Segundo.-Someter a información pública o citado proxecto durante vinte días, a efectos de presentación de alegacións.

Tercero.-Indicar ós promotores da reparcelación que con carácter previo á aprobación definitiva desta se procederá a rectifica-la escritura outorgada, para efectos, cumprimento dos aspectos recollidos no informe proposta que acompaña a esta resolución, relativos a garantía da urbanización das parcelas de cesión, formación de dúas parcelas resultantes distintas para a súa cesión ó concello segundo o destino previsto e constancia da aceptación da rectificación da escritura por tódolos propietarios afectados.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertindo ós interesados que o expediente se encontrase á súa disposición nas oficinas do Servicio Municipal de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n, entre as 12 e as 13.30 horas de luns a venres, durante o plazo de 20 días a partir da súa publicación.

A Coruña, 22 de abril de 2002.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Alcalde