Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.776

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 1 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se fai saber que se admitiu a trámite a solicitude da concesión de explotación Martín, número 4701.1, de 4 cuadrículas mineiras, situada no concello de Cartelle (provincia de Ourense).

A Delegación Provincial de Ourense informa que se admitiu a trámite ó abeiro do Real decreto 107/1995, do 27 de xaneiro, a solicitude da con

cesión de explotación Martín, nº 4701.1, de 4 cuadrículas mineiras, situado no concello de Cartelle da provincia de Ourense.

A solicitude ampárase na reclasificación dos recursos que se explotan na canteira Cartelle nº 329, pola que quedan comprendidas na sección C do artigo 3 da vixente Lei de minas.

O que se fai público para que calquera que se considere afectado poida comparecer no expediente dentro do prazo de quince días contados a partir da presente publicación, de conformidade co establecido no artigo 70 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Ourense, 1 de abril de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense