Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.775

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se lle concede á Fundación Laboral de la Construcción a renovación da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas para as categorías IG-I e IG-II.

Examinada a solicitude e a documentación anexa presentada por Marina Rivada Rodríguez, en representación da Fundación Laboral de la Construcción con CIF G-80468416 e domicilio na Póboa-Montouto s/n de Teo (A Coruña), pola que solicitaba a renovación da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador de gas grupos IG-I e IG-II.

Feitos.

Primeiro.-Con data 10 de decembro de 2001, Marina Rivada Rodríguez, en nome e representación da Fundación Laboral de la Construcción, presentou escrito mediante o que solicitaba que lle fose concedida a renovación como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos nos ámbitos solicitados ó abeiro da Orde do 27 de decembro de 2000, pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación,

mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial (DOG do 16 de xaneiro de 2001).

Para tal efecto, achegaba a documentación esixida no artigo trece da citada orde.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; nos RR.DD. 1634/1980, do 31 de xullo e 2563/1982, do 24 de xullo; nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro, e 132/1982, do 4 de novembro; e no Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, con relación á Orde do 27 de decembro de 2000 pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial e demais lexislación concordante.

Segundo.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentariamente establecidos.

Terceiro.-A documentación presentada por Marina Rivada Rodríguez acredita que a Fundación Laboral de la Construcción cumpre coas esixencias establecidas no artigo 13 da Orde do 27 de decembro de 2000 para a súa actuación nos ámbitos e categorías solicitadas.

Esta dirección xeral de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Outorgar a Fundación Laboral de la Construcción renovación da cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador de gas IG-I e IG-II, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co establecido no capítulo quinto da Orde do 27 de decembro de 2000.

Segundo.-Para imparti-los cursos, deberase comunicar ás delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio das provincias onde se impartan os cursos, antes de inicialos, datas de inicio, programa, profesorado, listaxes de alumnos e lugar, horario e data dos exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Terceiro.-Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que deberá acreditar ante a dirección xeral competente en materia de Industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Cuarto.-A entidade queda obrigada a comunica-los cambios que se podan producir na súa estructura de persoal durante o período de validez da auto

rización, así como presentar anualmente unha memoria na que se detallen as actividades desenvolvidas.

Quinto.-O director xeral competente en materia de industria poderá, mediante resolución motivada, revoga-la autorización a dita entidade no caso que se incumpran as obrigas e compromisos que resultan do disposto na Orde do 27 de decembro de 2000, (DOG do 16 de xaneiro de 2001).

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a data da súa notificación, recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas