Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Xoves, 09 de maio de 2002 Páx. 6.719

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2002 sobre homologación dun curso para guías turísticos de Galicia.

Ó abeiro do disposto na disposición derradeira primeira, do Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, e para os efectos establecidos nos artigos 32 e 33 do referido decreto, esta consellería resolve homologa-lo seguinte curso:

Organización de actividades turísticas na natureza, que se desenvolverán no Centro Comarcal Expo-Ordes (teléfono: 981 68 83 86), do 10 de maio ó 1 de xuño de 2002, cunha duración de 36 horas lectivas, organizado pola Escola Galega do Tempo Libre D. Bosco.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2002.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo