Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.708

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

MANTEMENTO de equipamento electromédico.

O Instituto Galego de Medicina Técnica, está interesado en contratar un servicio de mantemento do

equipamento electromédico de baixa e media tecnoloxía, existente nas súas unidades clínicas sitas nos hospitais O Meixoeiro, Xeral Cíes de Vigo e Santa María Nai de Ourense.

Nº de expediente: AT/001/2002.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, praza Europa 5A-6º B Área Central, As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, nos quince días naturais contados a partir da data de publicación no DOG.

Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público.

Documentación de interese para los propoñentes: os pregos de condicións xurídicas e demais documentación complementaria, poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto Galego de Medicina Técnica, teléfono 981 57 76 50.

A documentación pode ser consultada na páxina web do Sergas ( www.sergas.es).

Apertura de sobres: os sobres nº 2 (referencias técnicas) y nº 3 (proposición económica) abriranse a partir das 11 horas do décimo día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día habil seguinte.

O anuncio do concurso será por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2002.

Xulio Villar Barreiro

Director xerente do Instituto Galego de Medicina

Técnica, S.A.