Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

ANUNCIO de concurso.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 30 de abril, prestou aprobación ás bases que rexerán no concurso para adxudicación da concesión de obra, consistente na construcción dun centro xerontolóxico e, logo de execución, a subseguinte xestión do servicio. Estas bases expóñense ó público, por un prazo de oito días, supeditado a que non se produzan reclamacións contra elas, convócase concurso conforme o seguinte detalle:

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Monforte de Lemos.

2. Obxecto do contrato.

Concesión da obra pública de construcción dun centro xerontolóxico e, previa a súa execución, a subseguinte xestión do servicio.

3. Tramitación, procedemento, e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: concurso.

4. Garantías.

Provisoria: 100.000 euros.

Definitiva: o 4% do orzamento da obras.

5. Obtención de documentación e información.

Entidad: Concello de Monforte de Lemos. Departamento de Secretaría.

Código postal: 27400.

Teléfono: 982 41 65 40.

Telefax: 982 40 48 12.

Data límite de obtención de documentos e información: un día antes da finalización do prazo de licitación.

6. Presentación de ofertas.

Dado que se acordou o carácter urxente deste concurso, a data límite de presentación é a de trece días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Documentación que hai que presentar.

A esixida nas bases.

8. Apertura de ofertas.

Data: o terceiro día hábil, contado desde a terminación do prazo de presentación de proposicións.

Hora: trece horas.

9. Gastos de anuncios.

Con cargo ó adxudicatario.

Monforte de Lemos, 30 de abril de 2002.

Nazario Pin Fernández

Alcalde