Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.697

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 5 de abril de 2002, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de recursos de alzada de expedientes sancionadores (PESAN1 1999/000207-1 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións de recursos de alzada dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados de seguido están á disposición dos interesados na Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal, s/n, 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 1999/000207-1.

Denunciada: Mª Carmen Allegue Pena.

DNI: 32616883.

Enderezo: Colón, 3-4, 2º C, Ferrol.

Precepto infrinxido: 6.1º.

Sanción: 300,51 euros.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución recorrida.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000692-1.

Denunciado: Alberto Bardanca Ogando.

DNI: 32808490W.

Enderezo: Médico Faustino Pazos, 10, 3º, Arteixo.

Precepto infrinxido: 6.7º.

Sanción: 150,26 euros.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución recorrida.

De conformidade co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación; en caso contrario procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario, os interesados deberán recoller na antedita delegación territorial o documento de ingreso correspondente.

A Coruña, 5 de abril de 2002.

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS