Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/27-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Tras do Río-Pereiro.

Situación: Coles.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 691 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 5 da L.M.T. a Cristoble e remata no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA r/t 20.000/380-220 V en Río. Rede de baixa tensión derivada do transformador.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 21 de marzo de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense