1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.
c) Número de expediente: 4/02SU.
2. Obxecto de contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración de material para ciclos formativos de imaxe persoal, soldadura, mantemento de vehículos e téxtil, confección e pel para centros docentes dependentes desta consellería.
b) División por lotes e número:
Lote 1: imaxe persoal.
Lote 2: soldadura.
Lote 3: mantemento de vehículos.
Lote 4: téxtil, confección e pel.
c) Lugar de entrega: almacén da consellería, sito no polígono de Toedo, na Estrada (Pontevedra), ou no centro educativo que se sinale en función do volume de artigos que se van adquirir.
d) Prazo de execución:
-30 días para o lote 1.
-60 días para o resto dos lotes.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 224.169 euros (193.249,14 + 30.919,86) (IVE 16%).
5. Garantías.
Provisional: 2% do importe total de licitación.
6. Obtención de documentación e información.
6.1. Información:
a) Entidade: Oficina de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.
6.2. Adquisición de pregos:
a) Teléfono: 981 59 07 11.
b) Domicilio: r/ Nova de Abaixo, 19. Santiago de Compostela.
c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1175.
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: vintecinco días contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14 horas.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.
2ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.
3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora: o cuarto día hábil contado desde o día seguinte ó da finalización do prazo para presentar ofertas, ás 11 horas.
9. Gastos de anuncios.
Por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2002.
P.D. (Orde 15-4-2002)
Severino Somoza Gómez
Director xeral de Persoal