Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 9 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se notifica resolución de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística, devolta polo servicio de correos por resulta-lo destinatario ausente no reparto.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificóuselle a José Liñares Rey os datos da resolución da Dirección Xeral de Urbanismo do 13 de marzo de 2002, dictada no seguinte expediente de reposición da legalidade urbanística, por resultar ausente no reparto.

Expediente: 107 B-2002/23-0 de reposición da legalidade urbanística.

Denunciado: José Liñares Rey.

Condición: promotor das obras.

Último enderezo coñecido: Someso, nº 49, A Coruña.

Feitos: construcción de galpón e obras de recheo sen licencia municipal en solo rústico protexido.

Lugar: Santa Icia-Moras.

Municipio: Arteixo.

Contido da parte dispositiva da resolución: 1. Incoar expediente de reposición da legalidade urbanística pola realización das obras arriba descritas sen a preceptiva licencia municipal, das que é promotor José Liñares Rey; 2. Notificarlle esta resolución ó interesado que poderá alegar e presenta-los documentos e xustificantes que estime pertinentes no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2002.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo