Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 8 de abril de 2002, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan acordos de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (José Prieto Rodríguez e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendentes de notificar despois de intentada a notificación persoal por duas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para a realización de devolucións de ingresos indebidos de natureza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38 ent.-Ourense en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 8 de abril de 2002.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

InteresadoProcedemento

José Prieto Rodríguez

DNI 34962097G

Praza Couto, 7 Ourense

Acordo devolución ingresos indebidos

Dev. 40/02

Juan José Montero Muñoz

DNI 2225211F

Pero Meogo, 4-2º esq. Ourense

Acordo devolución ingresos indebidos

Dev. 33/01

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA