Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Anuncio do 8 de marzo de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona liquidación complementaria pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Navarro Díaz, Pedro).

Advertido erro no referido anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 67, do 8 de abril de 2002, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 4.466, columna segunda e liña segunda, onde di: «...Distrito hipotecario de Cambados...», debe dicir: «...Distrito hipotecario de Vilagarcía de Arousa...».