A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 01/0000318/2002-IN interposto pola Asociación Profesional de Axentes Forestais contra a Orde do 18 de decembro de 2001, pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais, publicada no DOG nº 250, do 28-12-2001.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2002.
Belén Prado Sanjurjo
Directora xeral da Función Pública