Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 08 de maio de 2002 Páx. 6.639

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

VALEDOR DO POBO

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2002 pola que se fai público o nomeamento dos vicevaledores primeiro, segundo e terceiro do Valedor do Pobo.

De conformidade coa proposta da Comisión de Peticións do Parlamento de Galicia efectuada na reu

nión celebrada o pasado 3 de maio, a teor do disposto no artigo 9.1º da Lei do Valedor do Pobo, dispoño nomear:

-Vicevaledor primeiro, a Antonio Pol González.

-Vicevaledora segunda, a Olga García Agra.

-Vicevaledor terceiro, a Gumersindo Guinarte Cabada.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 9.2º da referida lei.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2002.

José Ramón Vázquez Sandes

Valedor do Pobo

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA