Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 07 de maio de 2002 Páx. 6.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno da Corporación do concello, na sesión que tivo lugar o día 28 de febreiro de 2002, aprobou

definitivamente o estudio de detalle da unidade de execución 14 do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da cidade histórica de Santiago de Compostela (PE-1), segundo o documento presentado pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo, S.A. (Emuvissa) o 1 de febreiro de 2002, no que se cumpriron os requisitos indicados no acto da aprobación inicial. Na mesma sesión aprobou definitivamente a delimitación da unidade de execución que se contén no estudio de detalle, establecendo como sistema de actuación ou de compensación.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo