Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 07 de maio de 2002 Páx. 6.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación por concurso, con procedemento aberto, para a execución da obra de limpeza, roza e pavimentación da vía de acceso ó núcleo da Ermida de Ternande desde Celas.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: execución da obra de limpeza, roza e pavimentación da vía de acceso ó núcleo da Ermida de Ternande desde Celas.

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento: 86.107,36 euros, IVE incluído.

7. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

8. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo. Negociado de Contratación.

a) Domicilio: rúa do concello nº 12 Tarrío-Culleredo.

b) Código postal, localidade: 15189 Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

e) Fax: 981 67 76 46.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo para a presentación de ofertas.

9. Presentación de oferta: vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación (BOP ou DOG).

10. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

11. Lugar de presentación: Concello de Culleredo, rexistro xeral das 9 ás 13 horas.

12. Apertura de ofertas: en acto público o segundo xoves hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas ás 12 horas. Se fose festivo trasladarase ó seguinte xoves hábil.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: rúa do Concello nº 12 Tarrío.

c) Localidade: Culleredo.

13. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Culleredo, 10 de abril de 2002.

P.D. (Resolución 22-10-1999; BOP do 13 de outubro)

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía, Facenda, Patrimonio

e Contratación