Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 07 de maio de 2002 Páx. 6.610

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 22 de marzo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/421).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº285), do sector eléctrico, e

no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: pza. de Constitución, 17, 15270-Cee (A Coruña).

Denominación: L.M.T. C.T. R.B.T. Plácido-Esteiro (Modificado I).

Situación: Muros.

Características técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 20 kV, baixo tubo:

-De 14 metros de lonxitude e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x150) mm Al, coa orixe na liña subterránea existente ó lado do pavillón dos deportes e no C.T. Esteiro I novo, que se vai instalar.

- De 725 metros de lonxitude e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, coa orixe no C.T. Esteiro I novo e final no C.T. Ribeira de Maio.

-De 104 metros de lonxitude, coa orixe no C.T. Esteiro I novo e final na liña que alimenta o C.T. conservas Calvo.

-Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV denominado Esteiro I novo en rúa Caño, do que parte rede de baixa tensión subterránea de 592 metros de lonxitude, con conductor R.V., con seis circuítos que se conectan a redes existentes. Concello de Muros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 22 de marzo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña