Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 07 de maio de 2002 Páx. 6.609

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 21 de marzo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/57).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Telefónica, Torre Coruña, Pérez Lugin.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al:

-De 12 metros de lonxitude coa orixe e final na liña SPV-704, no cruzamento rúa Coronel Teixeiro

coa rúa Paseo de Ronda, entrando e saíndo do C.T. Telefónica.

-De 45 metros de lonxitude coa orixe e final na liña SPV-704, no cruzamento rúa Pérez Cepeda coa avda. Calvo Sotelo, entrando e saíndo do C.T. Torre Coruña.

-De 85 metros de lonxitude coa orixe e final na liña SPV-704, no cruzamento rúa Pérez Lugin coa rúa Coronel Teixeiro, entrando e saíndo do C.T. Pérez Lugin.

-De 55 e 35 metros de lonxitude coa orixe e final no tramo da liña entre C.T. vila de Negreira e C.T. Lagar, no cruzamento rúa vila Negreira coa Ronda de Nelle, entrando e saíndo dos CC.TT. Gil Vicente e Ronda Nelle II, respectivamente.

-De 50 metros de lonxitude coa orixe e final na liña SPV-703 no cruzamento da rúa Eduardo Tato e rúa Virrey Osorio, entrando e saíndo do C.T. Virrey Osorio.

-De 30 metros de lonxitude coa orixe e final na liña SPV-703 no cruzamento avda. Peruleiro coa rúa Gregorio Hernández, entrando e saíndo do C.T. Instituto Hixiene.

-De 15 metros de lonxitude coa orixe e final na liña SPV-704 no cruzamento rúa Aaiun coa rúa Ronda de Nelle, entrando e saíndo do C.T. Ronda de Nelle I.

-De 70 metros de lonxitude coa orixe e final na liña SPV-704 no cruzamento rúa Vila de Negreira coa rúa Ronda de Outeiro, entrando e saíndo do C.T. Almirante Mourelle. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 21 de marzo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña