Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 07 de maio de 2002 Páx. 6.546

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de abril de 2002 pola que se resolve o concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos.

Pola Orde do 5 de decembro de 2001 (DOG do 11 de xaneiro de 2002) convocábase concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos. Unha vez cumpridos os requisitos legais e transcorridos os prazos establecidos pola resolución provisional para reclamacións, e de acordo coa proposta efectuada pola comisión de selección prevista no artigo 12 da citada orde, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear, para cubri-las prazas indicadas, ós profesores que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo.-Declarar vacante a praza que figura no anexo II.

Terceiro.-Os funcionarios e funcionarias docentes seleccionados pola presente orde quedarán adscritos ós postos adxudicados a partir do 1 de outubro de 2002.

Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Adxudicación de prazas nos equipos de orientación

específicos

Especialidade

Equipo

específico

Audición e linguaxeA CoruñaVarea Cascallar, María Mercedes

Discapacidades sensoriaisLugoRodríguez Vidal, María Josefa

Trastornos xeneralizados do desenvolvementoLugoÁlvarez Agudo, Domingo

Audición e linguaxeOurenseMorais Gallego, José Pedro

Discapacidades sensoriaisOurenseDelgado Montoto, José Amador

SobredotaciónOurenseGómez Iglesias, María Ramona

Trastornos de conductaOurenseNogueiras Mascareñas, Luis Miguel

Trastornos xeneralizados do desenvolvementoOurenseOjea Rúa, Manuel

Trastornos de conductaPontevedraAbalo Quintela, José Enrique

ANEXO II

Vacantes na adxudicación de prazas nos equipos

de orientación específicos

EspecialidadeEquipo específico

Discapacidades motóricasOurense