Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 07 de maio de 2002 Páx. 6.544

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituído ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, polo que se fan públicas as emendas da lista provisional da categoría 10 e (vixilante de arquivos, bibliotecas e museos) do grupo V.

Finalizado o prazo fixado na resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públi

cas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 10e (vixilante de arquivos, bibliotecas e museos) do grupo V, e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público como anexo I a esta resolución a relación de aspirantes que foron excluídos nas listaxes provisionais da categoría 10e (vixilante de arquivos, bibliotecas e museos) do grupo V, que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Facer pública como anexo II a esta resolución a relación de aspirantes que, de acordo coa resolución pola que se fan públicas as listas provisionais, foron non admitidos na lista provisional e, unha vez vista a súa alegación, superaron a dita puntuación.

Terceiro.-Segundo o disposto na resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listas provisionais, e de conformidade co disposto no punto 4.3 do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e a base 2ª da Resolución do 26 de xaneiro de 2001, a Comisión Permanente de Selección establece o número máximo de aspirantes admitidos para esta categoría naqueles que teñan unha puntuación igual ou superior a 1,750 puntos.

Os solicitantes relacionados nos puntos primeiro e segundo, que igualen ou superen a dita puntuación, estarán obrigados no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento da taxa correspondente.

Grupo V: 23,32 euros.

Así mesmo, gozarán de exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, con xustificación documental.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada nos anexos ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO I

Nome e apelidosNIFBase 1Base 2Base 3Base 4Base 5Base 6Base 7Base 8Total

Amor Faya, Cristina76343049T0,5000,5001,000

Amor Faya, Silvia79310648R0,2500,5000,750

Caparrós Barro, Mª Isabel32634222M0,2500,7501,000

Chousa Uría, Marta33328440Z0,2500,5000,750

Labora González, Ana Carmen34939107Z0,5000,500

Loredo Conde, Nuria34782198B0,5000,500

Sampayo Puente, Blanca34254688Y0,5000,7501,250

Sampayo Puente, Rosa Mª34254689F0,5000,7500,8202,070

Sande Pérez, Encarnación33296040K0,5000,7501,250

ANEXO II

Nome e apelidosNIFBase 1Base 2Base 3Base 4Base 5Base 6Base 7Base 8Total

Gil Fojaca, Mónica33324781N1,5000,7502,250

González Feijoo, Carmen32822642D1,5000,7502,250