Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 07 de maio de 2002 Páx. 6.475

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de abril de 2002, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

A modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que figura no anexo I a este acordo obedece á necesidade de adecua-lo cadro de persoal funcionario da Delegación Provincial de Ourense e de varios centros directivos, para garantir un mellor desenvolvemento das súas funcións.

No anexo II recóllese a relación de postos de traballo de persoal laboral non docente, na que se adecuan os postos de traballo ás actuais necesidades dos centros educativos e se refunden tódalas modificacións posteriores da actual RPT desde que se publicou no Diario Oficial de Galicia nº 227, do 27 de novembro de 1995.

En consecuencia, por proposta do titular da Consellería da Presidencia e Administración Pública, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de Persoal Funcionario e na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de abril de dous mil dous adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nos termos que se sinalan nos anexos ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintecinco de abril de dous mil dous, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

NOTAS:

(1) Dispoñibilidade horaria.

(2) Media xornada.

(3) A tempo parcial 9,5 meses/Itinerante.

(4) A tempo parcial 9,5 meses.

(5) Media xornada/Inclúe limpeza CEFORES.

(6) A tempo parcial 9 meses.

(8) Para extinguir/Ocupado por funcionario de ca-

rreira.

(9) Ocupado por funcionario de carreira.

(10) Dispoñibilidade horaria.

(11) Para extinguir.

(12) Media xornada/A tempo parcial.

(13) A tempo parcial 9,5 meses/Nocturnidade.

(14) Nocturnidade.

(15) 20 horas semanais.

(16) A tempo parcial 9 meses/Reconverter a axudante de cociña.

(17) Para extinguir/A tempo parcial 9 meses.

(18) A tempo parcial 9,5 meses/Ocupado por fun-

cionario.

(19) A tempo parcial 9 meses/Ocupado por laboral grupo IV.