Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 06 de maio de 2002 Páx. 6.465

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO sobre modificación das normas subsidiarias. (Expediente 2000156S).

Aprobación definitiva: acordo plenario do 20 de marzo de 2002.

Norma reguladora: artigo 48 da Lei do solo de Galicia.

O Concello de Nigrán aprobou definitivamente, en virtude da delegación prevista na Lei 7/1995, a proposta de modificación das normas subsidiarias de planeamento, relativa á ordenación de sistemas (punto 3.3; subpunto 3.3.5), coa finalidade de habilita-lo uso de aparcadoiro público no subsolo da zona verde correspondente ó ámbito do PERI nº 5, na Ramallosa (V-39).

A citada resolución pon vin á fía administrativa, polo que contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación deste anuncio. Todo isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Nigrán, 4 de abril de 2002.

Xosé M. González Barros

Alcalde en funcións