Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 06 de maio de 2002 Páx. 6.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2002 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, para a adxudicación do contrato que se cita. (Expediente 500/2002).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Universidade de Vigo.

Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión-Económica e Contratación.

Nº de expediente: 500/2002.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: póliza de seguro contra todo risco de perdas ou danos materiais que se produzan na Universidade de Vigo.

Lugar de execución: Universidade de Vigo.

Prazo de execución: un ano de conformidade co indicado na cláusula 5.2º do prego de bases.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 93.759 euros.

5. Garantías: as indicadas no prego de bases.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Enderezo: r/ Areal 46, anexo 3º andar.

Localidade e código postal: Vigo 36201.

Teléfono: 986 81 35 56.

Telefax: 986 81 38 57.

Data límite de obtención de documentos e información: o día do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os indicados no prego de bases.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de bases.

Lugar de presentación: entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. Enderezo: r/ Areal 46, edificio anexo, planta baixa. Localidade e código postal: Vigo 36201.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

Entidade: sala de xunta do rectorado da Universidade de Vigo.

Domicilio: r/ Areal 46, 1ª planta.

Localidade: Vigo 36201.

Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 26 de abril de 20002.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Augusto Viso Alonso

Xerente da Universidade de Vigo