Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 06 de maio de 2002 Páx. 6.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncian concursos de subministracións sucesivas, polo procedemento aberto -plurianual-, para a subministración de aplicadores de clips de titanio, gasas e compresas, conexións e outros e xiringas. (C. 27, 28, 30 e 32/2002).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu arti

go 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta semisoto do Hotel de Pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso de subministracións sucesivas plurianuais.

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): subministración de aplicadores de clips de titanio C. 27/2002.

Orzamento total: 541.260 A.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: existen 2 lotes.

d) Natureza e cantidade dos productos que hai que subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): subministración de gasas e compresas C. 28/2002.

Orzamento total: 1.128.880 A.

e) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: existen 4 lotes.

f) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): subministración de conexións e outros C. 30/2002.

Orzamento total: 296.643 A.

g) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: existen 9 lotes.

h) Natureza e cantidade dos productos que hai que subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): subministración de xiringas C. 32/2002.

Orzamento total: 270.672 A.

i) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: existen 8 lotes.

4. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas.

5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo, (planta semisoto do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborais desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 10 maio 2002.

c) Se é o caso, importe e modalidades de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 20 maio 2002.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña.

c) Lingua o linguas nas que deban redactarse: galego o castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistir a apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Pranta baixa do Hotel de Pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día no que termine o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento. Definitiva do 4% do importe de licitación.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicataria da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la sua oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 7-11-2001.

17. Data de envío do anuncio: 12 abril 2002.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Na Coruña, 5 de abril de 2002.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña