Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 06 de maio de 2002 Páx. 6.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador en materia de caza C-76/2001, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 4/1997, de caza de Galicia, do 25 de xuño (DOG do 11 de xullo).

O pagamento voluntario porá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince días (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións consideren pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto), e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 12 de marzo de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: C-76/2001.

Denunciado: Eusebio Vázquez Núñez.

DNI: 33325806.

Enderezo: rúa Mondeñedo, nº 36-38, 3º A, Lugo.

Feito denunciado: non levar consigo durante o exercicio da caza a documentación preceptiva (permiso de couto LU-10.039 Río Grande), aínda sendo titular dela. Feitos constatados o día 25-11-2001, ás 17 h. en Guntín, Lugo.

Precepto sancionador: artigo 57.4º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Cualificación: leve.

Sanción: 60,10 euros.