Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 06 de maio de 2002 Páx. 6.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

AVISO do 1 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se anuncian os traballos de investigación da propiedade na zona de Pousada (Baleira-Lugo).

Acordada por Decreto 173/1999, do 27 de maio (DOG nº 111, do 11 de xuño), a concentración par

celaria da zona de Pousada (Baleira-Lugo), anúnciase que os traballos de investigación da propiedade darán comezo ó día seguinte de ser publicado o último dos avisos que corresponde facer no DOG, no BOP, no diario de máis difusión da provincia, no taboleiro de anuncios do concello e no lugar habitual da parroquia, e desenvolveranse durante o prazo de vinte días prorrogables, en lugar axeitado da zona.

Co fin de reuni-los datos necesarios para establece-las bases de concentración, requírese os propietarios, rendeiros e, en xeral, os cultivadores e titulares de calquera gravame, para que no prazo sinalado, presenten os títulos ou documentos nos que fundamenten os seus dereitos.

Tamén se notifica a tódolos que aproveitan augas públicas para que declaren o predio ou predios que regan con elas, e se tal aproveitamento está inscrito no rexistro correspondente.

Os predios que non sexan declarados serán considerados como de dono descoñecido e daráselle-lo destino sinalado nas disposicións vixentes.

A falsidade nas declaracións dará lugar, á parte de ás sancións penais, á responsabilidade polos danos e perdas se ocasionen.

Lugo, 1 de marzo de 2002.

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo