1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.
a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
c) Número de expediente: SXCA 1/2002.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: desenvolvemento do conxunto de páxinas e programas, así como da imaxe corporativa da web da Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria e dos centros educativos conectados á Rede Educativa Galega (Reduga).
b) Lugar de execución: nos locais propostos polo contratista, logo de aceptación polo órgano de contratación, que verificará a súa idoneidade para o óptimo desenvolvemento do proxecto.
c) Prazo de execución: máximo de tres meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 91.000 A.
5. Garantías.
a) Provisional: 1.820 A.
b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (oficina de información).
b) Domicilio: edificios administrativos, San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
d) Teléfono: 981 54 44 91.
e) Telefax: 981 54 54 43.
f) Enderezo na Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1159.
g) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
Especificados no prego de cláusulas administrativas.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en domingo ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou por correo, conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
2. Domicilio: edificios administrativos, San Caetano, s/n.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de informática).
b) Domicilio: edificios administrativos, San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela, 15704.
d) Data: o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte.
e) Hora: 10 horas.
10.Gastos dos anuncios.
Serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2002.
Máximo García Serrano
Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria