Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 06 de maio de 2002 Páx. 6.449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da subministración e instalación da plataforma hardware dun sistema de caché para contidos da Internet accesibles desde a Rede Educativa Galega.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: SXCA 5/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración e instalación da plataforma hardware dun sistema de caché para contidos da Internet accesibles desde a Rede Educativa Galega (Reduga).

b) Lugar de entrega: almacén da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sito no polígono industrial de Toedo, A Estrada (Pontevedra), ou no lugar que esta designe.

c) Prazo de entrega: no prazo de quince (15) días, contados desde a data de notificación de adxudicación do concurso.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 165.000 A.

5.Garantías.

a) Provisional: 3.300 A.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (oficina de información).

b) Domicilio: edificios administrativos, San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 44 91.

e) Telefax: 981 54 54 43.

f) Enderezo na Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1164.

g) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Especificados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en domingo ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou por correo, conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

2. Domicilio: edificios administrativos, San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de informática).

b) Domicilio: edificios administrativos, San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15704.

d) Data: o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte.

e) Hora: 10.45 horas.

10. Gastos dos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2002.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria