Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 06 de maio de 2002 Páx. 6.439

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Mediterránea de Catering, S.L. (Servicio de Alimentación do Hospital do Meixoeiro de Vigo).

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Mediterránea de Catering, S.L., (Servicio de Alimentación do Hospital do Meixoeiro de Vigo) con nº de código 3602552 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-2-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité

de empresa, en data 5-2-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que constan nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de marzo de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Capítulo I

Ámbito de aplicación e disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio regulará as relacións de traballo entre a empresa Mediterránea de Catering, S.L. e o persoal dependente dela, no servicio de cociña e alimentación do Hospital do Meixoeiro, Vigo.

Artigo 2º.-Carácter.

O convenio ten carácter de mínimo necesario e indivisible para tódolos efectos, e no sentido de que as condicións pactadas nel constitúan un todo orgánico e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas global e conxuntamente vinculadas á totalidade.

Artigo 3º.-Aplicación preferente.

As disposicións que contén este convenio aplicaranse con preferencia a calquera outra.

Artigo 4º.-Vixencia e duración.

A vixencia deste convenio será dun ano, do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2002 independentemente da súa publicación e no BOP, terá efectos a partir do día 1 de xaneiro.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Para examinar e resolver cantas cuestións deriven da interpretación, vixencia e aplicación deste convenio, a mesa negociadora del constitúe unha comisión paritaria integrada por tres representantes da dirección e tres representantes do comité de empresa.

A comisión paritaria terá as seguintes funcións:

* Resolución de cantos asuntos ou reclamacións se sometan á súa consideración, así como de calquera das condicións establecidas neste convenio.

* Vixilancia e cumprimento do convenio colectivo.

* Atención ás denuncias de incumprimento deste.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Serán respectadas na súa totalidade estrictamente ad personan aquelas condicións máis beneficiosas que teña o traballador/a concedidas pola empresa, por pacto ou costume.

Artigo 7º.-Denuncia e prórroga.

Este convenio entenderase prorrogado por un ano, se algunha das partes non o denuncian cunha antelación de dous meses, ó seu vencemento.

Artigo 8º.-Equiparación.

Os traballadores/as afectados por este convenio quedan equiparados ó persoal do Sergas segundo categoría que se reflicte no artigo 1 do capítulo II. De tal maneira que a partir desta equiparación, toda modificación que repercuta no persoal do Hospital do Meixoeiro de Vigo, aplicarase de igual forma ós traballadores/as afectados por este convenio.

Capítulo II

Remuneracións, salarios, complementos

Artigo 1º.-Remuneracións.

As nóminas reflectirán as remuneracións dos traballadores/as que serán iguais e polos mesmos conceptos que as que perciba mensualmente o persoal do Sergas segundo o grupo ó que se encontre equiparado e que é o seguinte:

Xestor/a: grupo B.

Dietista: grupo C.

Encargada/o: grupo C.

Xefe/a de cociña: grupo C.

Cociñeiros/as: grupo C.

Camareiras/os: grupo D (código 24).

Axudantes/as: grupo E.

Limpadora: grupo E.

Artigo 2º.-Antigüidade.

O concepto de antigüidade será retribuído cos mesmos criterios e contía que ten establecido o Sergas.

Artigo 3º.-Horas extraordinarias.

Realizaranse soamente as que se necesiten por calquera urxencia xustificada e en todo caso, con coñecemento dos representantes legais dos traballadores/as. En caso de realización serán compensadas con tempo de descanso.

Artigo 4º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá as mesmas gratificacións extraordinarias que o persoal do Hospital do Meixoeiro segundo os niveis que lle correspondan independentemente de que o traballador/a estea de baixa por incapacidade temporal. Para o seu devengo teranse en conta os períodos do 1-1 ó 30-6 e na paga de xullo e do 1-7 ó 31-12 para a de Nadal. O seu aboamento será os días 15 de xullo e 15 de decembro.

Artigo 5º.-Complemento de nocturnidade.

Las horas traballadas entre as 22 e as 7 horas terán a consideración de nocturnas e, consecuentemente retribuiranse con iguais criterios que se apliquen ós traballadores/as do Sergas do correspondente nivel.

Artigo 6º.-Complemento de festividade.

Remuneraranse tódolos domingos e festivos igual que o persoal do Sergas, serán recoñecidos tamén

como festivos os seguintes: 24 de decembro, 31 decembro e 5 de xaneiro.

Artigo 7º.-Complemento de IT ou accidente.

A empresa estará obrigada a completar ata o 100% do salario e tódolos complementos en caso de accidente ou baixa por enfermidade desde o primeiro día.

Capítulo III

Dereitos sindicais de representación

Artigo 1º.-Organización sindical dos traballadores/as na empresa.

A empresa considera os sindicatos debidamente implantados no seu seo como elementos básicos e esenciais para encamiña-las relacións entre traballador/a e empresario/a.

En consecuencia, a empresa Mediterránea de Catering, S.L. respectará o dereito dos traballadores/as que o desexen a sindicarse libremente e non poderán condiciona-lo ingreso de ningún traballador/a na empresa á súa afiliación sindical ou a que renuncie a iso e non incorrerá en conducta que supoña discriminación por razón de afiliación a un sindicato. En concreto, non poderá despedir ou prexudicar un traballador/a en calquera outra forma pola súa afiliación ou actividade sindical.

Artigo 2º.-Representantes dos traballadores/as.

O comité de empresa terá os dereitos e facultades que lles recoñece a lexislación.

Entre outras facultades deberán ser informados das propostas de sancións, variacións no cadro de persoal, e en xeral, vixiarán o cumprimento das disposicións vixentes.

Artigo 3º.-Garantías dos representantes dos traballadores/as.

Os membros do comité de empresa non poderán ser despedidos ou sancionados durante o exercicio das súas funcións, nin no ano inmediato seguinte ó seu cesamento, salvo que este se produza por revogación ou dimisión, se a causa do despedimento ou sanción se basea no exercicio legal da súa representación. Se o despedimento ou sanción por faltas moi graves ou graves obedecera a outras causas, deberá tramitarse expediente contradictorio no que serán oídos ademais do interesado/a, o comité de empresa.

Os citados representantes dos traballadores/as non poderán ser discriminados na súa promoción profesional ou económica por causa do desempeño da súa representación.

Artigo 4º.-Crédito horario.

Os membros do comité de empresa dispoñen dun crédito horario de 24 horas mensuais, retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación, podendo ser acumuladas nun ou varios membros do comité durante cada un dos 12 meses do ano.

As horas de crédito que se utilicen na negociación do convenio colectivo e na xestión do conflicto derivado da negociación non computará como crédito horario mensual.

Artigo 5º.-Desconto en nómina da cota sindical.

A empresa descontaralles a cota sindical ós traballadores/as afiliados ós sindicatos, logo da súa correspondente autorización e remitirállela ós sindicatos correspondentes.

Artigo 6º.-Asembleas.

Os traballadores/as terán dereito a dispoñer de dúas horas mensuais para reunirse. Co ánimo de dificulta-lo mínimo a organización do traballo, o tempo que se empregará en cada reunión non deberá supera-los 60 minutos e celebrarase no horario acordado entre a dirección e o comité de empresa.

Artigo 7º.-Sección sindical.

Os sindicatos que acrediten ter máis do 50% de afiliación entre os traballadores/as do cadro de persoal, terán dereito á creación da sección sindical, cun delegado/a que terá recoñecido, entre outros, os mesmos dereitos que ten o comité de empresa.

Capítulo IV

Organización do traballo, contratación

e cadro de persoal

Artigo 1º.-Organización do traballo.

O responsable da organización do centro de traballo será o xestor.

A empresa durante a vixencia deste convenio elaborará un planning de traballo orientado a mellora-la prestación de servicios que se dá no hospital, para iso manterá reunións periódicas co comité de empresa co obxectivo de consensua-los cambios que poidan producirse na organización do traballo.

As camareiras nos chamados tempos mortos non realizarán as tarefas de limpeza na cámaras, almacén e na zona de recepción de provedores.

Artigo 2º.-Contratacións e altas na Seguridade Social.

Ó inicio da relación laboral, a empresa quedará obrigada a estender por escrito o contrato de traballo que conteña as especificacións recollidas pola normativa legal de aplicación, tanto sexa de carácter temporal como de duración indefinida, entregando copia deste contrato ó interesado/a.

A empresa estará obrigada a entregarlles ós traballadores/as fotocopia da alta destes na Seguridade Social, para o que disporá do prazo de dúas semanas desde a súa incorporación ó traballo. Así mesmo, a empresa obrígase á colocación da fotocopia dos boletíns de cotización no taboleiro de anuncios das súas oficinas no Hospital do Meixoeiro.

A empresa entregaralle ó comité de empresa unha copia básica do contrato que realice inmediatamente despois de ser rexistrado na oficina de emprego.

Artigo 3º.-Substitucións.

Os contratos de traballo de carácter temporal para a substitución de baixas, excedencias ou período de vacacións deberán realizarse polo tempo que dure a IT, excedencia ou o período de vacacións. Os contratos deberán realizarse tendo en conta as categorías profesionais que figuran no artigo 1 do capítulo II.

Para a súa contratación terase en conta os/as que figuran na bolsa de traballo constituída para o efecto, cunha relación que é a que figura no anexo deste convenio a cal poderá ser modificada de acordo entre a empresa e o comité.

Artigo 4º.-Cadro de persoal fixo.

O número de cadro de persoal mínimo establecido fixo será o seguinte:

Xestor/a: 1.

Dietista: 1.

Encargada/o: 1.

Xefe/a de cociña: 1.

Cociñeiros/as: 5.

Camareiras/os: 36.

Axudantes: 13.

Limpadora: 1.

No referente a camareiros/as, 2 son os/as que prestan servicios nas fins de semana.

Non obstante a presencia física diaria establécese en:

Responsable: 1.

Dietista: 1.

Cociñeiros/as: 4.

Camareiros/as: 26.

Axudantes de cociña: 10.

Limpadora: 1.

Artigo 5º.-Promoción interna.

En caso de vacantes nunha categoría superior, o acceso a estas levarase a cabo por orde de antigüidade, sempre que se reúnan os requisitos de cualificación profesional para o posto que se vai cubrir.

Capítulo V

Xornada de traballo, vacacións, licencias,

permisos e excedencias

Artigo 1º.-Xornada de traballo.

Durante a vixencia deste convenio a xornada laboral será de 1.624 horas anuais, computando os trinta minutos de descanso como tempo efectivo de traballo.

A súa aplicación acordarase entre o comité e os representantes da empresa.

Artigo 2º.-Festivos.

Os traballadores/as terán dereito a 14 días festivos os cales se aproveitarán de acordo con os criterios establecidos ata agora.

Artigo 3º.-Vacacións.

A empresa de acordo co comité elaborará as quendas correspondentes ás vacacións seguindo cada ano unha quenda rotatoria de preferencia. As vacacións gozaranse entre os meses de xuño e setembro, ambos inclusive, e a súa duración será dun mes podendo engadir a este días festivos.

Se ó inicio das vacacións un traballador/a estivese de baixa por accidente, enfermidade grave ou enfermidade con hospitalización, entendendo esta dentro do período de baixa terá dereito ó desfrute destas ó mes seguinte da súa incorporación ó traballo.

Artigo 4º.-Licencias e permisos.

Logo de solicitude dos traballadores/as afectados considerarase licencia retribuída polo tempo e os casos seguintes:

a) Matrimonio do traballador/a: 15 días naturais.

b) Matrimonio de pais, fillos ou irmáns: 1 día natural.

c) Parto de esposa: 5 días naturais.

d) Falecemento, enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica de:

* Cónxuxe ou compañeiro/a: 5 días naturais.

* Parentes de primeiro grao (pais ou fillos, por consanguinidade, afinidade ou convivencia demostrable): 3 días naturais.

* Irmáns ou parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 2 días naturais.

Se entre o traballador/a e os parentes anteriormente detallados houbera convivencia, a licencia será de 5 días naturais. O mesmo ocorrerá se o suposto d) se producira fóra de praza.

e) Falecemento de tíos/as: 1 día natural.

* Convivencia: 2 días.

f) Traslado de domicilio: 2 días laborables.

g) Permiso por lactación: as traballadoras, por lactación dun fillo/a menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. O traballador/a, á súa vontade, poderá substituír este dereito pola reducción da xornada normal dunha hora coa mesma finalidade.

Da mesma forma este dereito será de aplicación ós casos de adopción.

h) Todo o anteriormente exposto será de aplicación ás parellas de feito, fidelisimamente acreditadas e inscritas no rexistro público correspondente.

i) Os traballadores/as que cursen estudios para a obtención dun título oficial, académico ou profesional, terán dereito a un permiso retribuído de ata 6 días ó ano para concorrer a exames logo de comunicación por parte dos traballadores/as á empresa e a súa posterior xustificación.

Igualmente o traballador/a solicitándoo coa debida antelación, terá dereito a dispoñer de 5 días de licencia ó ano non retribuído pola empresa.

Artigo 5º.-Solicitude e xustificación de permisos e licencias.

Os traballadores/as que necesiten un permiso deberán comunicalo á empresa con xustificante de recepción, sempre e cando a circunstancia sexa previsible, se non é así bastará a comunicación telefónica.

Xustificaranse tódolos permisos e licencias a posteriori cos documentos acreditativos correspondentes que se detallan a continuación:

a) e b) Por matrimonio: fotocopia do Libro de Familia.

c) Por natalidade: fotocopia de partida de nacemento.

d) Por falecemento: necrolóxica ou documento acreditativo.

Por hospitalización ou intervención cirúrxica: documento de ingreso no hospital.

Por enfermidade grave de familiar: deberá presentarse xustificante de facultativo xeral ou pediatra da Seguridade Social.

Por traslado de domicilio: fotocopia de calquera documento oficial no que conste o novo domicilio (cambio de domicilio na Seguridade Social, contrato de compañía da auga, gas, electricidade, certificado do concello, etc.)

Outras ausencias ó posto de traballo:

Ausencias temporais inferiores a 1 día: a ausencia temporal do centro ou posto de traballo por tempo inferior a unha xornada laboral, indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal moi urxente (xulgados, notarios, médicos, etc.), será imprescindible xustificala debidamente e será polo tempo indispensable para cumpri-la obriga de que se trate. Estes permisos serán autorizados pola dirección ou persoas en quen delegue, dando ó interesado/a o oportuno vale de saídas e que informará mensualmente dos concedidos, permisos e causas e duración. Formato de solicitude (anexo 2).

Asistencia a consultores médicos: tódolos traballadores/as terán dereito a tres horas retribuídas pola empresa cada vez que teñan asistir ó médico de cabeceira que lle correspondera ó traballador/a, se tivera o seu consultorio en localidade distinta daquela na que presta o seu servicio o traballador/a, estes poderán dispoñer do tempo necesario.

O traballador/a que teña que acudir ó consultorio médico estará obrigado/a a avisar con anterioridade á empresa, debendo xustificar que foi atendido polo médico de cabeceira. Para a súa asistencia á consulta do especialista os traballadores/as terán dereito a todo o tempo necesario, logo de presentación do volante do médico de cabeceira.

Os traballadores/as terán dereito para poder asistir ó consultorio médico cos seus fillos menores de 4 anos ou minusválidos (calquera que sexa a súa idade), un máximo de tres veces ó mes.

Ausencias por enfermidade: as ausencias por enfermidade deberán comunicarse telefonicamente ó encargado/a de quenda antes do comezo da quenda de que se trate.

Tódalas ausencias por enfermidade xustificaranse mediante información do médico de cabeceira e o parte de baixa por enfermidade, que se entregarán na dirección ou se enviarán por correo certificado en casos de enfermidades de duración superior a tres días, seguindo o mesmo trámite para os partes de confirmación.

A non presentación do informe ou parte de baixa considerarase como falta sen xustificar a para os efectos disciplinarios e que regulamentariamente correspondan.

Licencias non retribuídas: aplicarase o disposto na normativa vixente.

Artigo 6º.-Días de libre disposición.

Durante a vixencia deste convenio os traballadores/as terán os mesmos días retribuídos de libre disposición que teñan os do persoal do Sergas, o seu desfrute realizarase de acordo cos seguintes criterios: 4 días no período de xaneiro a xullo e 5 días de agosto a decembro. Cando un traballador/a desfrute as vacacións fóra dos meses establecidos estes 9 días poderán xuntarse ás vacacións. Non obstante por situacións excepcionais, os traballadores/as poderán dispoñer dos 9 días de forma continuada logo de coñecemento do comité e acordo coa empresa.

Artigo 7º.-Excedencias.

A empresa vén obrigada a conceder a todo o persoal que o solicite e leve nesta o tempo mínimo de dous anos de servicio, a excedencia voluntaria, a cal terá unha duración mínima de seis meses e máxima de 3 anos, quedando a empresa obrigada a reincorporar ó seu posto de traballo o traballador/a excedente que o solicite, cunha antelación dun mes, tempo de aviso previo, co obxecto de que a empresa poida axusta-lo dito persoal.

Artigo 8º.-Excedencia especial.

A nai traballadora terá dereito a solicitar unha excedencia especial, ata que o fillo cumpra os dous anos de idade, garantíndose a súa incorporación inmediata, con reserva do posto de traballo e sen que afecte ó dereito da excedencia ordinaria do artigo anterior. Este dereito é optativo para o pai traballador, podendo exercelo só un membro da parella, no caso de ámbolos dous traballen na mesma empresa.

Unicamente durante o primeiro ano computarase a antigüidade.

Capítulo VI

Prevención de riscos laborais

Artigo 1º.-Comite de seguridade e saúde.

De acordo con a Lei de saúde laboral constitúese un comité de seguridade e saúde. A súa composición será de 2 representantes dos traballadores/as e 2 da empresa. Con carácter anual este comité realizará

un estudio de riscos e elaborará un plan para eliminalos. Os representantes dos traballadores/as disporán do mesmo crédito de horas retribuídas que os membros do comité de empresa, co obxecto de facilita-la súa formación e funcións.

Artigo 2º.-Control médico obrigatorio.

Todo o persoal comprendido neste convenio terá dereito e obriga de efectuar unha revisión médica a cargo da empresa cada 6 meses.

O control médico obrigatorio consistirá en:

* Audiometría.

* Control da vista.

* Analítica de sangue.

* Analítica de ouriños.

* Expirometría.

* Exploración clínica.

* Vacinas do tétanos, hepatite e gripe.

Todo traballador/a realizará a revisión en horas de traballo.

Artigo 3º.-Vestiarios.

La empresa facilitará vestiarios adecuados e duchas.

Artigo 4º.-Roupa de traballo.

Proverase a tódolos traballadores/as de dobre uniforme no mes de xaneiro (uniformes e zocos) as demais pezas como guantes, mandiletas, chaquetas, roupa de abrigo e protección, adecuadas e accesibles, sempre que sexa necesario.

Uniformes de premamá: proveranse en cada caso que sexa necesario.

Artigo 5º.-Póliza de seguro.

Sempre que sexan derivados de accidente ou enfermidade profesional a empresa indemnizará a os traballadores/as nos seguintes supostos e cantidades:

* En caso de morte ou invalidez total: 3.000.000 de pesetas.

* En caso de invalidez absoluta: 4.000.000 de pesetas.

Artigo 6º.-Cambios de posto de traballo por embarazo.

As traballadoras embarazadas terán dereito a que se lles cambie o posto de traballo a outro máis acorde coa súa situación.

Capítulo VII

Subrogación dos traballadores/as

Artigo 1º.-Adscrición do persoal.

Primeiro: ó termo da concesión da contrata dos traballadores/as da empresa contratista saínte, pasarán a estar adscritos á nova titular da contrata, quen

se subrogará en tódolos dereitos e obrigas, sempre que se dea algún dos seguinte supostos:

a) Traballadores/as en activo que presten os seus servicios no dito centro, sexa cal fora a modalidade do seu contrato de traballo.

b) Traballadores/as que con contrato de interinidade substitúan a algún dos traballadores/as enunciados no punto anterior.

c) Traballadores/as de novo ingreso que por esixencias do cliente se incorporaran ó centro como consecuencia de ampliación de contrata.

Segundo: tódolos supostos anteriormente recollidos deberán ser acreditados fidedigna e documentalmente pola empresa saínte á entrante, nun prazo de tres días hábiles, mediante os documentos que se detallan ó final deste artigo.

O indicado prazo contarase desde o primeiro momento en que a empresa entrante comunique fidelisimamente á saínte e á Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra se-la nova adxudicaría do servicio. De non cumprir este requisito, a empresa entrante, automaticamente e sen máis formalidades, subrogarase de todo o persoal que presta os seus servicios no centro de traballo.

En calquera caso, o contrato de traballo entre a empresa saínte e os traballadores/as só se extingue no momento en que se produza o dereito da subrogación deste á nova adxudicataria. Enténdese que os traballadores/as non poderán ser trasladados do centro de traballo a non ser que sexa por mutuo acordo entre as partes.

Terceiro: documentos a facilitar pola empresa saínte á entrante:

* Certificado do organismo competente de estar ó corrente do pagamento da Seguridade Social.

* Fotocopia das catro últimas nóminas mensuais dos traballadores/as afectados.

* Fotocopias dos TC-1 e TC-2 de cotizacións á Seguridade Social dos catro últimos meses.

* Relación de persoal na que se especifique nome e apelidos, domicilio, número de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, xornada, horario, modalidade de súa contratación e data de desfrute das súas vacacións.

* Copia de documento debidamente dilixenciado por cada traballador/a afectado/a no que se faga constar que este recibiu da empresa saínte á súa liquidación de partes proporcionais de seus haberes ata o momento da súa subrogación, non quedando pendente ningunha cantidade. Este documento deberá estar en poder da nova adxudicataria na data do inicio do servicio como nova titular.

Cuarto: o empresario/a saínte estará obrigado/a a liquidar ó entrante as partes proporcionais dos conceptos retributivos dos traballadores/as co obxecto

de que estes cobren integramente as pagas correspondentes.

Artigo derradeiro.-Partes asinantes.

Pola empresa:

Alfredo Vázquez.

Polo comité de empresa:

Belén Nogueira.

María José Valderrama Martínez.

Ana Carbajais.

José María Sáez Ruiz.

Mª Carmen Rodríguez Soto.

Pola sección sindical de CC.OO.:

José Luis Tizón Guisande.

Anexo ó convenio colectivo da empresa Mediterránea de Catering para o centro de traballo do Hospital do Meixoeiro de Vigo.

Relación de traballadores e traballadoras que conforman a lista para as substitucións:

Lista camareiras:

Josefa Piñeiro Cruz (24-3-1992).

Solidade Nogueira Cancelas (18-3-1993).

Rosario González Costas (18-6-1994).

Carmen Pérez Montenegro (30-6-1994).

Isabel Martín (19-6-1994).

Mª Jesús Alonso Abalde (30-8-1995).

Ana Rivas Piñón (5-6-1999).

Concepción Pérez Balado (7-6-1999).

Concepción Cal Nicolao (19-6-1999).

Mª Dolores Cameselle Costas (20-6-1999).

Alba Ojeda Cendón (31-7-1999).

Nuria Sotelino García (23-10-1999).

Concepción Campos Lorenzo (18-12-1999).

Mar Presa Fernández (20-1-2000).

Mª Begoña Lorenzo Borrajo (16-6-2000).

Ana Isabel Lago Costas (21-6-2001).

Alejandra Veiga González (16-8-2001).

Ana Mª Cabaleiro (1-7-2001).

Sonia Lage.

Lista cociñeiros/axudantes:

Cociñeiros:

Carlos Rodríguez Durán (1-6-1998).

Axudantes:

Mª José Portela Rodríguez (30-1-1993).

Carmen Oya Giráldez (30-7-1993).

Begoña Álvarez Losada (17-9-1994).

Carmen Romano Garrido (7-6-1997).

Sosoles Lage Reboreda (14-5-1998).

Pilar Leiro Silva (17-6-1999).

Carmen Portela Fernández (22-5-2000).

Ana Mª Castro Cal (25-6-2000).

Consuelo Lago (2-7-2001).

Vigo, 5 de febreiro de 2002.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA