Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 06 de maio de 2002 Páx. 6.378

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 1 de abril de 2002 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa de Promoción Xeral de Investigación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria para o ano 2002.

Advertido erro na devandita orde publicada no DOG nº 69, do 10 de abril de 2002, cómpre face-la seguinte corrección:

Na táboa que se inclúe na páxina 4.577 e na aplicación orzamentaria 04.06.432A.740.0, para o ano 2002, onde di: «6.000.000», debe dicir: «5.000.000».