Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 03 de maio de 2002 Páx. 6.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución dos expedientes sancionadores en materia de costas ES/63-01/BA e ES/72-01/VV devoltas polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a resolución do expediente,

por infracción a Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción farase efectivo dentro do prazo que sinala o artigo 20 do Regulamento de recadación: as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior. As notificadas entre os días 16 e derradeiro de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior, e desde que sexa firme a resolución en vía administrativa, na conta Contable 840.Código 001 de Caixa Galicia ou en Caixanova, Recadación Xunta, modelo XTAX, e código de ingreso 390075. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Lugo, 22 de marzo de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado Provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº ES/63-01/BA.

Denunciado: Armando Gómez Castro.

DNI: 32603871-Z.

Último enderezo coñecido: Lugar de Cabanela, 1; 27730-Abadín (Lugo).

Feitos imputados: instalación de autocaravana para a venda de churros, na zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre no lugar da praia de Reinante, termo municipal de Barreiros, sen a preceptiva autorización.

Precepto sancionador: artigo 90 c) da Lei 22/1988, de costas, e 175.3º do seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1471/1989.

Cualificación da sanción: leve (artigo 91.3º da Lei 22/1988, de costas) e (175.3º do regulamento).

Sanción imposta: multa de 30,05 euros.

Expediente nº ES/72-01/VV.

Denunciado: Eduardo José Bolívar Granados.

DNI: 76628101-R.

Último enderezo coñecido: c/ Doutor Fleming, s/n; 18564-Granada.

Feitos imputados: acampada en zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre no lugar de praia de Abrela, termo municipal de Vicedo, sen autorización en materia de costas.

Precepto sancionador: artigo 90 c) en relación co artigo 25.2º da Lei 22/1988, de costas, e co arti

go 45.2º do seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1471/1989.

Cualificación da sanción: leve (artigo 91.3º da Lei 22/1988, de costas) e (175.3º do seu regulamento).

Sanción imposta: multa de 30,05 euros.